Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/09/07

Mulleres de negro

Mulleres de Negro son grupos de mulleres en moitos países: Alemania, Australia, Colombia, Costa Rica, Estados Unidos, Italia, Israel, España... Cada grupo mantén unha identidade e un camiño propios, aínda que a súa oposición á guerra ten características comúns: van todas de NEGRO, usando o SILENCIO, dende a Non-Violencia proclaman que todo guerra é ilegal e ilexítima, que poden evitarse potenciando o diálogo e o entendemento e desenmascarando os suxos intereses (normalmente económicos) subxacentes nos conflitos. Son grupos de mulleres antimilitaristas, feministas e asemblearias onde as decisións se toman por consenso. Caracterízanse por crear espazos de desenvolvementeo para reconstruír a convivencia rompida.


Cantan las mujeres en medio de la noche,

Le cantan a la vida,

a la ilusión,

a los sueños que ahora vuelan sin cadenas.

Sus voces cual cascada irrumpen en la noche,

Y brotan cristalinas fuentes de libertad,

Que se encuentran, se confunden en abrazos,

Y van haciendo un río de esperanza,

Y nadie las detendrá.

O máis importante: cuestionar os roles impostos ás mulleres nos conflitos: vítimas caladas, e recuperar a memoria histórica das loitas das mulleres.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.