Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/07

Necesítase auga por un tubo

Pensade nesta cifra: 6000. A que nos referimos? Á cantidade de persoas que morren ao día por consumir auga non potable, a maioría, nenos. E non só iso, outros mil billóns (si, ledes ben) carecen de acceso a ela.

LifeStraw é un pequeno tubo que é capaz de purificar auga simplemente mediante a succión a través do mesmo. Ademais, o mellor de todo é que o seu coste de fabricación é de tan ó 2$, e serve para que unha persoa dispoña de auga potable durante un ano. Tense comprobado que é efectivo para eliminar unha gran variedade de bacterias das augas contaminadas:
A auga, pasando a través dun tubo mediante succión da persoa que se dispón a beber, vólvese potable e limpa de todo tipo de bacterias como as cepas de salmonella, Shigella, Enterococcus e Staphylococcus, o que permite prever enfermidades como a cólera ou a difteria e a diarrea.
Ao filtrar os microorganismos contidos na auga, miles de vidas poderían salvarse. LifeStraw é sen dúbida, un pequeno invento pero un gran paso atrás para as enfermidades e a falta de auga potable nos países do Terceiro Mundo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.