Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/09/07

Os filmes da miña vida (II)


Casablanca

Casablanca é unha obra mestra, un tratado filosófico sobre a responsabilidade moral fronte ás necesidades e ás emocións. Cantas veces a vin? Moitas, e sempre me conmove. É unha gran historia de amor, por riba de todo.
Humphrey Bogart e Ingrid Bergman son a parella ideal. O primeiro, a pesares do seu rudo carácter, é un sentimental; por segunda vez volve topar o amor e renuncia a el para que os demais estean ben.
Guillermo Cabrera Infante escribiu sobre esta película que "sabe unir a fin co principio: caos e creación. Contén algo para practicamente calquera memoria". E é que volverei a vela moitas máis veces e nunca me cansará.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Encántame o voso blog. O deseño é precioso, o nome lémbrame o da revista do noso cole " O Ronsel do Paroleiro" e o máis importante de todo, os contidos, que dicir que non saibades... Sodes uns dos meus "chichís"
Parabéns.

Anónimo dixo...

son unha deixada...
teño que ir máis ó cine e ver máis pelis na casa...
encantoume casablanca!!!

Xermana

pd: bicos ós papis

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.