Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/09/07

Que queres ser de maior?

Estes días os medios de comunicación informáronnos de qué queren ser os nosos nenos de maiores. A maior parte non quere seguir os pasos de seus pais. Pero... e se, simplemente, non queren medrar? Grazas ao blog Iguales en las 3000 tráiovos este vídeo dun ton precioso poético e que nos suxire o que realmente é importante na vida.
"Este mundo non é un mundo romántico, pero algunhas persoas si o son e deles depende a nosa salvación. Non deixes que o mundo te cambie".

1 comentario:

Anónimo dixo...

e felicidade está nos detalles pequenos, no día a día.
pero como dixo unha profesora na escuela, "el ser humano es incorformista por naturaleza"

eu tampouco quero ser maior! Pero haino que levar da mellor maneira posible! :)a

por certo, moi bo vídeo!

unbico!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.