Permítideme hoxe ahegarvos un texto que fala da amizade, algo que tan necesario me parece. Supoño (vale, seino) que a miña melancolía de hoxe provén do feito da visita de Anxo ao insti, e da inmensa sensación de desamparo que se apoderou de min cando marchou. Pero despois recibín a chamada animosa dos meus amigos de Ribadavia, e sei que aínda na distancia, seguen aí, sempre comigo. De aí a escolla deste texto, pequena homenaxe aos meus vellos e bos amigos, pero ao mesmo tempo unha aperta aos meus novos amigos (xa non podo dicir compañeiros) bibliotecarios que me chamades e me animades tantas veces.
A amizade élle indispensábel ao home para o bo funcionamento da súa memoria. Lembrar o propio pasado, levalo sempre consigo, é talvez a condición necesaria para conservar, como acostuma dicirse, a integridade do propio eu. Para que o eu non se encolla, para que conserve o seu volume, hai que regar as lembranzas como ás flores e, para regalos, hai que manter regularmente o contacto coas testemuñas do pasado, é dicir, cos amigos. Son o noso espello, a nosa memoria; só se lles esixe que lle saquen brillo de cando en vez para poder mirarnos nel.
MILAN KUNDERA
Podo engadir que...
Moito falamos da amizade como ideal, pero que difícil é que sexa como un quere! Eses espello, ás veces, están emporcados, embazados... e nós nin nos damos conta. Pero a amizade é vital para o ser humano.
A soidade silledense... que me está matando!!!
2 comentarios:
...que eu ando por aquí! Digamos que estou na sucursal do Colmeiro en Redondela!jejeje Bicos ghrandes coma un mundo!!
... e nós tamen!! @s usuari@s da nosa biblioteca escolar virtual favorita.
O Anxinho manda bicos ghrandes. Nós, moreas de bicos.
Publicar un comentario