Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/10/07

E se ela cambiara a túa vida?

Hoxe é o aniversario dunha das nosas “comentadoras” máis habituais e queremos adicarlle esta entrada sabendo que a película da que imos falar é a súa favorita. Seguramente (máis lle vale...) ela mesma será a que vos falará deste filme en profundide. Parabens, Adelcisa!!

Unha das películas francesas máis taquilleiras de todos os tempos, Amélie (Le fabuleux destin d'Amélie Poulain) marcou un fenómeno moi pouco usual: desbancar ás sempre taquilleiras películas americanas en Francia e lograr unha grande repercusión fóra do seu país. Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, a película ten como protagonistas a Audrey Tautou e a Mathieu Kassovitz.

RESUME: Amélie non é unha moza como as demais. Veu ao seu peixe de cores deslizarse cara os sumidoiros municipais, á súa nai morrer na praza de Notre-Dame e ao seu pai dedicar todo o seu afecto a un trasno de xardín. Medrou e convertiuse en camareira nun bar de Montmartre cuxa propietaria é unha antiga amazona circense. A vida de Amelie é sinxela: gústalle tirar pedras ao Sena, observar á xente e deixar voar o maxín. De súpeto, aos 22 anos, descubre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos demais. Inventa toda clase de estratexias para intervir, sen que se den conta, na existencia de varias persoas do seu entorno. Entre elas está a súa porteira, que pasa os días bebendo viño de Porto; un cego ao que axuda; ou "o home de cristal", un veciño que só ve o mundo a través da reprodución dun cadro de Renoir. A misión de Amélie vese trastocada pola chegada dun mozo estraño e moi peculiar: Nino Quincampoix. Ten dous traballos: de pantasma nun túnel do terror e outro nun sex-shop. Colecciona as fotos abandonadas nos fotomatóns e busca desesperadamente identificar ao home que aparece nelas unha e outra vez. Sen embargo, esta búsqueda vese interrumpida polo su encontro con Amélie.


1 comentario:

Anónimo dixo...

ai que moniiiiiiiiiitu

non mo esperaba en serio!

Acabo de entrar, como o fago sempre que podo e véxome ante este panorama, co nome de Adelcisa resaltado e dixen : ui! falan de min no bLog... :)

Ghraciñas por felicitarme e desta maneira TAN orixinaL. Encantoume!

(non choro pq estou na aula net da escuela universitaria de Turismo e non é plan que me vexan chorar que ainda han pensar que choro por unha nota ou alo, jejej. Pero ser chego a estar na casa,,,,)

QUÉROVOS MOITO!

Facendo referencia a Amèlie. Que vos podo decir? Que tedes que vela. Que me encanta a BSO, pero non a escoitedes nuh día de baixón porque do boa que é faivos chorar...

E seguide visitando este BLog porque é marabilloso!!!!

UnMuacKgHrande!!!!!!*

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.