Esta fotografía é de Rebecca Blackwell.
As imaxes amosan un forte contraste: un aeroporto internacional (G'bessi), nun país, Guinea, onse só unha quinta parte da poboación dispoñen de electricidade nas súas casas. Por este motivo, o párking do aeroporto énchese en época de exames de estudantes -tanto de primaria como de secundaria- que buscan un pouco de luz para poder estudar. Algúns explican que normalmente o fan nas súas casas con velas, pero iso é prexudicial para os ollos; outros confesánse afortunados por ter o aeroporto tan preto.
Segundo a ONU, o consumo medio anual de electridade dunha persoa de Guinea equivale a ter prendida unha bombilla durante dous meses. Para que esa cantidade sexa igual á media de, por exemplo, os EEUU, temos que multiplicar por 158.
E todo isto pensando que Guinea foi tradicionalmente un dos países máis ricos en ouro, diamantes e ferro, e ten a metade da reserva mundial de bauxita, o material do que se obtén o aluminio.
Por que será que a riqueza está sempre tan ben repartida?
Sen comentarios
Publicar un comentario