Hoxe fomos ao cine, o alumnado de 4º de ESO e mais eu, ver Nocturna, unha fábula animada sobre a noite e o medo á escuridade... EN GALEGO!
Nocturna é sobre todo un conto tan fresco como suxerente e, ao mesmo tempo, loce unha potencia visual impresionante. É unha historia de pesadelos, de noites, de luz e escuridade, con personaxes tan orixinais como o Pastor de Gatos, o Sr. Moke ou o Sr. Pee, incluíndo á sinistra Sombra que tanto medo provoca no orfo Tim.
Nocturna supón un paso máis na progresión da animación española cara a modelos solventes en canto á calidade de produción e suxerentes en canto á vitalidade de historias en imaxes.
Combinando animación 2D con animación 3D (facturada dende a competente factoría Bren en Compostela), en Nocturna hai unha atmosfera que invita a abandoarte ás súas imaxes, axudada pola envolvente música de Nicolás Errera. Un produto só en apariencia destinado aos máis pequenos, posto que os maiores aprezaremos o seu agradábel regusto gótico de inxenuo conto de medo.
Os directores explicaron que con esta obra "pretendemos demostrar que o medo á escuridade é xerado pola nosa propia mente e imaxinación, e hai que controlalo; a escuridade é un dos medos máis universais e quixemos crear unha historia sen tempo nin lugar".
Creo que nos gustou a tod@s, aínda que mentiría se dixese que estiveron calad@s todo o tempo. O máis abraiante foi que pensaron que Anxo ía aparecer para darlles unha sorpresa... e que me pedisen máis sesións coma esta. Tentarei contaxiar tamén o meu amor polo cine... aínda que comprendo que non é fácil para seus pais trasladalos a Lalín. Agardo os seus comentarios neste blog que xa é parte deles, e que nos digan o que máis lles gustou a eles, coma os grilos de Andrea ou... tócavos!!!

6 comentarios:
Non hai que pasarse co de meter medo... Anxo que vaia outro día.
O de calados só pode ser verdade cando se refire á auga, nos demais casos estou ben seguro de que non é posible.
Gracias^2-s, agora teño o argumento de "que ven Sombra!!" para tentar que o corazón lles bata tan forte que necesiten todo o alento para non colapsar... e así calen por un intre. Digo eu...
asi que teño que ir outro día...bueno...pois vale...pois ao mellor...
un bico enorme a tod@s!!
Si si outro día temos que volver!
Ahora xa sei quen é o que me rouba os calcetíns polas noites e que me despeluxa...
Moitos beixos!
Creo que a todos nos encantou ir o cine e pasar un tempo en tan boa compañia. Foi moi boa idea ir, agardo a próxima vez con ansia... 1Bico tamén pa ti, Anxo, da miña parte.
Un bico e un saúdo pa Anxo, que o boto de menos... Haber quen doma a Furelos... Jaja
Que hai máis xente que quere ir ao cine. Eu que sei , a nos valenos calquera. A que ti propoñas. Isto conta como unha excursión??? Porque xa sabes que nós....... non podemos facer moitas. Por certo ultimamente as clases son mais amenas. Hai máis bo rollo, e non o digo só eu. A ver se todo segue así
Publicar un comentario