"Non é que non existisen mulleres filósofas. É que os filósofos preferiron esquecelas, aínda que ogallá despois se teñan apropiado das súas ideas". Con esta frase de Umberto Eco comeza un interesante artigo que fala da presenza da muller na Filosofía.
Se indagamos no tema, comprobaremos que dende a antiga Grecia o acceso da muller á Filosofía e a súa visión por parte dos filósofos foi difícil. Moitas persoas téñense interesado, ao estudar o pensamento de Platón, por que este deixa aberta a posibilidade de que houbese raíñas-filósofas no seu deseño de Estado ideal e xusto ou se estaba realmente a favor da igualdade da muller nunha época na que só os varóns eran "dignos". Varios autores apuntan que Platón fixouse nas mulleres da cidade de Esparta cando deseñou o seu estado. Elas eran adestradas no deporte, eran fortes, polo que poderían ir á guerra. Pero a realidade da Atenas do século V a.C. era outra: estaban no fogar e daban fillos. Só algunhas hetairas como Aspasia conseguiron unha mellor formación. Na época helenística apareceu a primeira filósofa recoñecida como tal: Hipatia de Alejandría.
Dentro da tradición filosófica occidental, a historia das ideas ten sido a historia dos HOMES, nome xenérico que de xeito convencional emprégase para designar ao xénero humano. O feito é que a realidade filosófico-político-social constrúese dende a perspectiva masculina, é dicir, as perspectivas de xénero do século XX teñen un problema de base: constrúense a partir de conceptos creados por homes. Invítamosvos (e recomendámosvos) a ler todo o artigo de Nadia L. Orozco titulado "La creación de la mujer" só cun click. Nel comeza mencionando que un dos pais de gran parte dos conceptos que aparecen na filosofía política é Aristóteles, mestre que crea un mundo onde a muller ten un papel secundario; fala da muller que crea Maquiavelo: "a fortuna é muller e cómpre tela submisa, castigala e golpeala...". Pasamos a descubrir que o home é racional, pero a muller é carnal e irracional, é dicir, o home ten dereito á vida, á liberdade e á propiedade; o home subordina á muller xa que a súa vida pertence ao marido, tanto como a súa liberdade e a súa propiedade. O problema do suxeito político para as mulleres consiste fundamentalmente en que este é un suxeito masculino: o home defínese a partir de si mesmo, a muller só a partir da súa relación cos homes... Se ledes todo o artigo, veredes como non ten desperdicio.
Podemos preguntarnos con Cristina M. Null: Están os filósofos contra a muller?
E, de paso, mirade a seguinte presentación sobre o tema que aparece en La lechuza de Minerva:

1 comentario:
Durante moito tempo a situación das mulleres fora do fogar resúmese nunha palabra; invisibilidade. Pero do traballo, do tipo que fose, o home da casa aproveitouse sempre. Tanto da que fosen as tarefas domésticas como intelectuais. Na ciencia, na arte e en calquera ámbito houbo mulleres moi brillantes parasitadas por homes, case sempre ingratos. E fóra do ámbito doméstico e en pleno século XX sirva como exemplo o caso de Rosalind Franklin ninguneada polos sus compañeiros, galardoados co Nobel.
Publicar un comentario