Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/10/07

Un xenio do cine sen palabras

Naceu o mesmo ano no que foi inventado o cine, e hoxe cúmprense 212 anos do seu nacemento. Joseph Francis "Buster" Keaton foi un famoso actor e director estadounidense de cine mudo cómico. Foi o seu padriño Harry Houdini, famoso ilusionista de orixe xudeu, quen o bautizou como "Buster" (o destrutor) tras velo caer dunha escaleira sen unha soa ferida á idade de tres anos.
Caracterizouse principalmente polo seu humor físico mentres mantiña un rostro inexpresivo en todo momento, o cal lle fixo gañar o seu alcume: Cara de pao. Para darlle expresión ás súas personaxes empregaba as acrobacias, para as que non usaba ningún dobre nin especialista. Todas as proezas que realizou en El maquinista de la general, ou en El héroe de río, son súas. En El rostro pálido, chegou a saltar desde unha altura de 24 metros, e na película El moderno Sherlock Holmes, rompeu o pescozo nunha escena de risco.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.