Comezamos xa a conta atrás para chegar a este día (25 de novembro) que ano tras ano nos lembra a toda a sociedade que esta está enferma, que hai un "algo" (eu diría que un "moito") que non funciona. E comezamos por suposto a traballar o tema nas aulas onde imparto clase. E xunto con iso, este blog ocuparase todos ou case todos os días de atacar o tema dalgún xeito ou outro. Para que non se esqueza, para que combatamos a erradicación da violencia sexista e machista, para que loitemos pola igualdade, que é ao fin e ao cabo o fondo e a forma da cuestión. É só un gran de area máis no lento camiño da contenda que poderá rematar cando non teñamos que falar destes días.
E comezamos hoxe cun vídeo musical: El final del cuento de hadas, de El Chojin, rapero onde os haxa:
E comezamos hoxe cun vídeo musical: El final del cuento de hadas, de El Chojin, rapero onde os haxa:
3 comentarios:
Esa canción é moi forte! Case me caen as bágoas cando a escoitei por primeira vez!
Que triste realidade nos rodea!!!!
...Xa que para ese día : 25 de novembro do 2oo5, colaborei nas tarefas que levastes a cabo no IES e me destes unha camiseta, este 25 de novembro do 2oo7 levareina á Escuela Universitaria de Turismo.
:) Gracias polo traballo que levades facendo ano tras ano no IES!!!!
Gracia, que non decaigan os ánimoS!
Beijinhos ***
Grazas miña nena, paréceme unha boa idea que leves a camiseta a clase. Eu tamén o farei.
En canto aos ánimos, en fin, xa sabes, hai días peores e outros -os menos- mellores. É a túa vila...!!!
Parabéns por esta serie de entradas. Ademáis todo o que se faga é pouco mentras siga existindo violencia.
Publicar un comentario