Hoxe vouvos dar unha lección de matemáticas falando do coñecido Teorema de Thales.
"Se tres ou máis rectas paralelas son intersecadas
cada unha por dúas transversais,
os segmentos das transversais
determinados polas paralelas,
son proporcionais"
¿Que non o entendestes? Ups... pois o único que se me ocorre é que volo explique o grupo arxentino Les Luthiers co seu particular sentido do humor:
7 comentarios:
Eu o único que coñezo de Thales é un chiste. Pero non volo vou contar que non é propio dunha señorita decir chistes con palabras malsonantes.
Un bico desde La Coru! ;)
Claro, desde que vives en LA Coru, preocupada estás ti por ser unha señorita!!!
Beixos e apertas, preciosa
Eu de Thales nin sei o chiste!! Pero si sei que o estudei, pero a memoria... Xa para lembrarme do teorema de Pitágoras teño que esforzarme o meu....
Bicos para ese matemático e esa bibliotecaria... e para todos os que lean isto.
quen é ronsel¿!?
Pero miña nena, son a túa mamá!!! Desde logo...
e que fas con outro blog?
Esto non hai quen o entenda...
jejeje
Con outro blog? Ti non te enteras de nada, sexas quen sexas! Eu son unha exiliada...
Publicar un comentario