Hoxe non quería falarvos deste libro de Alessandro Baricco, máis famoso pola súa obra Seda (que podes ler en galego grazas á editora Rinoceronte) simplemente deixarvos un anaco que me parece tan fermoso:
Aquelas dúas imaxes entráranlle polos ollos como a instantánea percepción da felicidade absoluta e sen condicións. Levaríaas consigo para sempre. Porque é así como te fastidia a vida. Píllate cando aínda tes a alma adurmiñada e sementa no seu interior unha imaxe, un olor ou un son que despois xa nunca podes sacar de enriba. E aquela era a felicidade. Descóbrelo despois, cando xa é demasiado tarde. E xa es, para sempre, un exiliado: a miles de quilómetros daquela imaxe, daquel son, daquel olor. Á deriva.
Tierras de cristal
Alessandro BariccoQuizais a felicidade é tan fugaz que cando atinamos a descubrila, xa marchou, e non nos queda nada máis por facer que mergullarnos nas lembranzas para esperar que volva. Aínda así, que ben saben eses momentos, esas olladas, aínda que saibamos que non volverán, esa felicidade que foi e estivo sempre nos fará sorrir, e eses sorrisos ninguén pode riscalos, permanecerán no noso interior porque formarán parte das nosas vidas.
Tierras de cristal
Ed. Anagrama
Sen comentarios
Publicar un comentario