Audrey Hepburn naceu un 4 de maio de 1929 na cidade belga de Bruxelas, descendente dunha familia da aristocracia holandesa. O seu verdadeiro nome era Edda Kathleen Van Heemstra Hepburn - Ruston. No ano 1939, tras a separación dos seus pais, trasladouse a Londres e foi alí onde comezou a estudar danza e arte dramático.
En 1952 o director William Wyler ofreceulle protagonizar a comedia Vacaciones en Roma. A partir de aí a súa vida cambiou: nacera unha nova estrela do cine. Obtivo o seu primeiro premio, o Oscar á mellor actriz. Despois logra o seu primeiro éxito como protagonista en La princesa que quería vivir, que soubo cointerpretar con Gregory Peck.
A partir dese marabilloso período comeza a filmar sen parar e estender a súa longa traxectoria con varias películas imposibles de esquecer como Desayuno con diamantes (1961) ou Sola en la oscuridad (1967), incursionando nun papel máis dramático en Historia de una monja (1959), e volvendo á comedia en Sabrina (1954). Con estas catro películas estivo nominada ao Oscar á mellor actriz.
En 1988 foi nomeada embaixadora de UNICEF e a súa solidaridade humanitaria polos nenos pobres marcou os seus últimos días de vida. As viaxes a Sudán, El Salvador, Guatemala, Honduras e Vietnam foron ocupando unha longuísima axenda onde sempre faltaban horas. Viaxou a Somalia pouco antes de que se lle declarara a enfermidade terminal que a fixo abandoar toda a súa xenerosa actividade. Morreu o 24 de xaneiro de 1993.
Hoxe, Audrey deixounos a imaxe máis fermosa de todos os tempos. A súa personalidade e o seu estilo foron dignos dunha moda inesquecible, inmortalizada no tempo. O seu sorriso foi a forma no que as mozas da época debían sorrir; a súa figura esvelta e tenue, era a silueta que todas as mozas debían ter.
"Se no ceo existen os anxos, estou convencido de que
deben ter os ollos, as mans, o rostro e a voz de Audrey Hepbrun".
deben ter os ollos, as mans, o rostro e a voz de Audrey Hepbrun".
8 comentarios:
Unha preciosidade de muller!
quen tiña un bolso de Audrey, e levavao a miudo ao instituto?
s.
Que casualidade! Veñen de me regalar unha biografía sobre ela!!! E tíñalle ganas
Por certo, a do bolso era Maica, non? Ah! Creo que Aleixandra tamén tiña un este curso pasado... Estas adiviñas son ben difíciles de contestar!
jejejejeje
adivina adivinanza! estaba un tio nunca rúa oscura ou fría (non é exactamente así pero é para metervos no papel,jaja) e matou a un señor que pasaba por alí (si! así pq sí, non había ningún motivo, aburríase ou eu que sei! da igual, eso non é importante!o importante ven agora!)eso, matou o señor, e un segundo despois botou un vistazo e veu a un señor mirando por unha ventana, asique..decidiu subir o seu piso e matalo tamén por estar mirando. Unha vez que o matou, acercouse a unha mesa e veu un libro, nese momento empezou a chorar e arrepentiuse! pq?? tic tac tic tac.... señores...ya pueden hacer sus apuestas!!!jajaja
veña, bikos bikos bikos
ah!! por certo!! eu si teño un bolso dela!jajajaja
tic tac tic tac....
Por que? por que? Ai! Q intriga! Profe, xa no-lo dirás na clase!
Publicar un comentario