Perdoádeme a (ir)reflexión, pero cóstame entender certas "cousas": que se censuren exposicións, que se pechen blogs, que se prohíban portadas... e por outro lado airéase a gusto do consumidor todo tipo de inmudicias persoais -supoño que todos temos un prezo-.
Este verán inaugurouse en Milán unha exposición baixo o título "Arte e omosessualità" (Arte e homosexualidade), cancelada aos poucos días. Cancelada ou censurada?
Organizada polo crítico de arte Vittorio Sgarbi, quen declarou que fronte á censura a solución máis concreta é a censura estrema, e polo tanto a cancelación da mostra, a exposición trasladouse a Florencia, onde tampouco contaba coa beizón das autoridades municipais.
A exposición reuniu 200 obras, entre pinturas, esculturas, fotografías e instalacións de 150 artistas internacionais. Entre estas figuras atopábase a "pedra do escándalo", a escultura Miss Kitty do italiano Paolo Schmidlin na que moitos recoñecen as faccións do para Benedito XVI. Esta figura ocultouse detrás dunha cortina branca que só se corría a petición do visitante. Dáme por pensar que todos os que foron ver a exposición quixeron ver a obra... non hai nada como o prohibido!

O que si queda claro é que o "peso" da Igrexa, da monarquía e doutras institucións é unha lousa invencíbel.
Sen comentarios
Publicar un comentario