Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/07

Juan Gelman, premio Cervantes 2007

O poeta arxentino Juan Gelman gaña o premio Cervantes 2007, considerado o máis importante das letras hispanas, o "premio Nobel" das letras españolas.
Orixinario dunha familia de emigrantes rusos, vive as experiencias duras da época das ditaduras cunha familia que sofre as represalias e que ten que buscar unha neta desaparecida. Nace en Bos Aires en 1930, iniciándose na poesía dende moi pequeno. Abandoa a carreira de Químicas para adicarse por completo ás letras. En 1976 marcha da Arxentina durante a ditadura militar e vive exiliado en México, onde fixa de xeito definitivo a súa residencia.
Da súa obra poética destaca Violín y otras cuestiones (1956), En el juego en que andamos (1959), Los poemas de Sidney West (1969), Fábulas (1970), Salarios del impío (1993), Sombra de vuelta y de ida (1997). Gañador de moitos premios de poesía, o autor ten un blogue no que se pode ler:
Una bitácora, en sus origenes era el armario que tenían los barcos para guardar los instrumentos del barco así como un cuaderno donde el capitán iba anotando las decisiones tomadas en orden cronológico.
Esta bitácora es un sitio singular donde se reunen los artículos de prensa, poesía, información sobre libros, premios, conferencias y demás datos relevantes del gran poeta y periodista argentino.
Un blogue non só literario, senón profundamente crítico coa política colonial dos Estados Unidos. Coas súas propias palabras, destaca que os seus temas fundamentais son os que preocuparían a calquera ser humano: o amor, a morte, a nenez, a xustiza...

Presencia del otoño

Debí decir te amo.
Pero estaba el otoño haciendo señas,
clavándome sus puertas en el alma.

Amada, tú, recíbelo.
Vete por él, transporta tu dulzura
por su dulzura madre.
Vete por él, por él, otoño duro,
otoño suave en quien reclino mi aire.

Vete por él, amada.
No soy yo él que te ama este minuto.
Es él en mí, su invento.
Un lento asesinato de ternura.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.