Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/11/07

Non á violencia contra as mulleres (XVII)

Onte falabamos de datos en España. Que ocorre noutros países? E se nos afastamos ata países árabes, por exemplo, Irak? Como é o tratamento da muller? Hoxe, só vos vou ofrecer un exemplo dramático, tanto que é capaz de nos cortar a respiración. Sen imaxes.
Sabedes moi ben a situación caótica que vive ese país, todos os días vemos funestas imaxes de atentados e mortes, sabemos da inxustificada ocupación de Estados Unidos, maxinamos o horror e a traxedia que vive a poboación civil. Pero hai noticias que nos devoran as entranas. Coma esta:
En Bashika, ao norte de Irak, unha moza de 17 anos pertencente a unha secta yazihi (dunha minoría kurda) foi apedrada e lapidada ata a morte por un grupo de familiares, todos homes. Tardou 30 interminables minutos en morrer. Cal foi o seu crime? Converterse ao islman para casar co seu mozo musulmán.
Agora dicídeme canto de longo é este camiño que debemos percorrer...


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.