Xa que estamos a día 1 de novembro, día de Todos os Santos, cansa de Samaín e americanada Halloween, eu vou recurrir a Mozart e ao seu Réquiem, que seica é unha das obras máis perfectas da historia da música, non só porque na estrutura musical o entramado da composición alcance unha complexidade e perfección absolutas, senón porque rompendo co clasicismo imperante, Mozart escribe unha partitura na que expresa cunha nitidez e unha expresividade abraiantes case todas as reflexións do home fronte ao feito da existencia e da morte. A dor, a melancolía, a traxedia, a tenrura, o perdón, a redención, o castigo, a inxustiza, a tentación, a beleza, a salvación, o medo, o amor... todo se reflicte na expresividade da música. Vulcano Lover recomenda a versión de Karl Böhm coa Filharmónica de Viena do ano 71.
Sen dúbida, esta obra está tamén marcada polos estraños feitos que a rodearon:
En 1791 un descoñecido presentouse na casa de Mozart e encargoulle a composición dun réquiem, pero o compositor foi chamado a Praga para escribir a ópera "A clemencia de Tito". Cando ía marchar, o descoñecido presentouse de novo preguntando polo seu encargo. Quen era este? Sóubose despois que era un enviado do conde Franz Walsseg, a quen lle morrera a muller. O viúvo desexaba que Mozart compuxese a misa de réquiem para facela pasar por súa.
Mozart, obsesionado coa idea da morte, debilitado polo cansazo e a enfermidade, sensíbel a todo o sobrenatural pola súa vinculación coa francmasonería, rematou por crer que isto era unha mensaxe do Destino e que o réquiem que ía compór sería para o seu propio funeral.
Antes de morrer conseguiu rematar tan só: Introito, Kyrie e Dies Irae. Do resto só deixou as partes instrumentais, o coro, voces solistas e o cifrado do baixo e órgano incompletos, ademais de diversas anotacións.
A estrea deste Réquiem produciuse en Viena o 2 de xaneiro de 1793 nun concerto en beneficio da viúva do músico. Foi interpretado de novo o 14 de decembro de 1793 durante a misa que conmemoraba a morte da esposa de Walsegg.

Sen comentarios
Publicar un comentario