Alexander Alekhine foi un dos grandes campións mundiais de xadrez. Este ruso, coñecido polo seu estilo agresivo e combinativo entre os axedrecístas clásicos, era un auténtico estudoso deste xogo do que pretendía coñecer todos os seus segredos.
O seu primeiro logro notábel foi o triunfo no Torneo de San Petersburgo en 1909, á idade de 17 anos. En 1914, cando acabou terceiro foi nomeado un dos cinco "grandes mestres" orixinais polo zar Nicolás II. En 1921 abandonou la URSS e asentouse en Francia, logrando a cidadanía dese país en 1925.A carreira axedrecística de Alekhine é demasiado longa e espectacular para resumila aquí. En 1927 gañou o campionato do mundo a Capablanca, con quen evitou volver a xogar, aínda que si que derrotou en dúas ocasións ao seu compatriota Efim Bogoljubow e despois perdeu o título frente ao matemático holandés Max Euwe en 1935. Recuperouno dous anos máis tarde, cunha gran vantaxe no marcador, e mantívoo ata a súa morte en 1946.
A vida de Alekhine non foi nada doada. Sobreviviu ás dúas guerras mundiais (incluso foi acusado de pronazi), arruinouse e tivo unha saúde moi feble. En xullo de 1944 afirma: "A mellor parte da miña vida transcurriu entre as dúas guerras mundiais que devastaron Europa. Ambalas dúas arruináronme, cunha diferenza: ao final da primeira tiña 26 anos e un entusiasmo desenfrenado que xa non posúo. Se algunha vez escribo as miñas memorias, a xente darase conta de que o xadrez foi un factor secundario na miña vida. Doume a oportunidade de ter unha ambición e, ao mesmo tempo, de convencerme da inutilidade da ambición. Hoxe en día sigo xogando ao xadrez porque mantén ocupada a miña mente e alónxame das obsesións e recordos".
Nos últimos anos da súa vida, o xadrez foi unha auténtica obsesión para el. Imaxinaba partidas na súa mente (de feito era un especialista en xogar cos ollos vendados contra os seus opoñentes), estudaba mil e unha xogadas e dise que morreu deprimido por culpa da súa paixón.
Como venres que é, queremos que te apaixones polo xadrez coma este ruso universal. Pero non te obsesiones!! Grazas de novo aos amigos de Nosolomates por "prestarnos" este recurso.
Sen comentarios
Publicar un comentario