Coa desasosegante impresión de que África se funde cada día máis nun profundo pozo de pobreza e desesperanza (non hai máis que ler xornais, ver noticias...), volvemos de novo a vista a este continente tan castigado por nós, homes e mulleres occidentais. E imos facelo por partes:
África non é pobre pero a súa poboación si o é. O 46% non ten acceso a auga potable, unha terceira parte dos nenos sofre malnutrición, morre o dobre de mulleres embarazadas ca no sudeste asiático...
Porén, de onde vén o cobre, o ferro, o cobalto, o zinc, a bauxita, o platino, o manganeso, o cromo, o aluminio, o estaño, o uranio, o níquel, o mercurio, o xermanio, o iridio... mesmo o ouro ou o petróleo? Pero a África subsahariana desínflase nun sufrimento continuado que deixa indiferente ao mundo que só ve neles unha pesada carga transformada en pateras e caiucos. A súa economía está máis globalizada que a economía de calquera outro continente, paradoxo se se ten en conta a espiral de autodestrución na súa dependencia do mundo. Os africanos, herdeiros de nada e produtores de pouco desde o punto de vista dos países ricos que xa están sentados á mesa, non teñen sitio reservado nela: a escasísima inserción do continente africano na economía internacional é unha evidencia.
2.- Perda de "cerebros".
A elite africana abandona o seu país para vivir noutro lugar e non volver. O 40% dos africanos maiores de 15 anos son analfabetos. A fuga de cerebros, da xente máis dinámica e emprendedora priva a África da savia, quedando só unha masa dependente e pobre. 57% é a taxa de escolarización no conxunto da África subsahariana e soamente un neno de cada tres remata o ciclo de estudos primarios.
Unicamente dos 48 países subsaharianos, 4 considéranse autosuficientes: inestabilidades políticas, conflitos armados, políticas desastrosas... Mirando estatísticas; dos 534.000 millóns procedentes de capitais privados, só 6.000 foron invertidos en África.
3.- A Apocalipse de onte e de hoxe.
África só pode comprar en China, quen produce mercancías elementais baratas; China coloca as súas estacións comerciais en África, tentando -segundo declaracións oficiais- non interferir non seus asuntos. O dereito a veto de China no Consello de Seguridade da ONU evitou ao goberno de Sudán posibles sancións polos xenocidios cometidos en Darfur, país africano que destina o 80% das súas exportacións de cru a China.
A produción africana de cru aumentou un 40% no último decenio do século XX. Un petróleo escaso de xofre, máis doado de refinar. Repercusións: espantosa contaminación no delta do Níger. Herdanza da época colonial e do infinito afán de lucro dos xefes de Estado, que xogan coa pobreza e a corrupción. África pasou da economía informal e do "apaño" á rapina e ao saqueo en poucas décadas. Despois entrou no paraíso da crueldade.
4.- O Estado espremido.

Utilización do étnico, da negrura como arma e como vitimismo; os fetiches identitarios sacralizados supoñen toda clase de obstáculos socioculturais ao desenvolvemento. O inmobilismo de certos comportamentos e as súas dramáticas consecuencias (mutilacións xenitais das mulleres...) aos que debemos facer fronte baixo imposición legal.
En Sudáfrica, por exemplo, o seu presidente negouse a considerar o VIH como responsábel da transmisión da Sida (a Sida supón para África a súa terceira catástrofe demográfica, despois do tráfico de escravos e o colonialismo) polo que se negou ao subministro de antiretrovirais.
África é o reino da falsificación de documentos, desde o permiso de conducir ao título de estudos, pasando polo carné de vacinacións. Os únicos datos fiables proceden de organizacións internacionais e de ONGs.
En canto á propiedade, a ausencia de escrituras fai que os recursos de cada país sexan monopolizados polos xerarcas e os xefes de estado.
Tres graves patoloxías dezman o estado africano: a perda de lexitimidade ante a pouca garantía dunhas prestacións mínimas, o saqueo do Estado, e a destrución da rede administrativa a causa das guerras civís. Sen servicios básicos non hai desenvolvemento, non hai esperanza.
5.- A cara e a cruz da eterna axuda.
O escravismo e o colonialismo foron os grandes traumas da historia de África, esta segunda supuxo a merma da terceira parte da poboación africana entre 1880 e 1920.
Pero tamén hai que falar da explotación de africanos por outros africanos, un tabú que non se debe mencionar. Tamén entre eles hai traficantes, corruptores.
En canto á axuda externa, máis dunha terceira parte da axuda está destinada a informes de "viabilidade" e "post-avaliación" de proxectos. O autor Peter Bauer definiu a axuda como "un fenómeno que consiste en gravar aos pobres nos países ricos para soster a forma de vida dos ricos nos países pobres".
En total, calcúlase que os fondos de axuda destinados a África subsahariana desde a súa independencia ascende a máis de 300.000 millóns de dólares. Unha axuda non sempre desinteresada, caprichos baixo decisións políticas.
6.- O paraíso da crueldade.
Resulta desolador o panorama das cruentas guerras civís: Sierra Leona, Somalia, Congo, Sudán, Zimbabwe...
Os habitantes de Árica deben elixir o seu propio destino, erguerse e organizarse, pese ás dificultades e lastres históricos: infinita oferta relixiosa, organización social e cultura política. Pero non podemos esquecer a herdanza que supuxo para eles a nosa dominación. Fixádevos nun mapa de África e comprobaredes como as liñas divisorias dos países están feitas con regra. Que significa iso?
Moitos máis datos no libro:
Negrología. Por qué África muere, de Stephen Smith, con ampla bibliografía.

1 comentario:
Para que comentar nada.
Grazas por lembrar o que moitas veces non queremos lembrar. Non querer mirar para África non significa que Africa non exista
Publicar un comentario