Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/12/07

Anuncios poéticos

Que a poesía forma parte de nós, das nosas vidas, que serve para todo... era algo que sabiamos. Sabiámolo algúns de nós, cando menos. O bo é que parece que tamén o descubriron os publicistas e fan uso dela para os anuncios. Temos falado máis veces da publicidade. E agora volvemos a ela pola sabia mestura de publicidade e poesía.
Seguramente xa sabedes a que nos referimos. A publicidade do equipo deportivo de Repsol deste inverno reproduce unha versión dun dos poemas máis célebres de Rudyard Kipling: "If" (en galego, "se"). O encargado do recitado é José Sacristán, cunha vibrante voz que lle outorga o necesario empaque épico aos versos.
Ruyard Kipling foi o autor dun libro que seguro coñecederes: O libro da selva, versionado moitas veces no cine.
If foi escrito en 1895 e coñeceu un éxito de público practicamente inmediato. Cen anos despois, unha enquisa revelou que aínda era o poema favorito dos ingleses. Nel expón as condicións que fan ao home acadar unha vida chea de sentido, a procura do ser humano polo equilibrio, benestar e razón de ser.

Por suposto, hai máis casos. Hai ocasións en que cancións conseguen un elevado nivel de popularización a causa da súa estratéxica inserción nun anuncio publicitario. Outras veces, recuperan frases célebres, personaxes carismáticos. Hai un ununcio coa voz en off de Julio Cortázar, recitando un dos seus sorprendentes e enigmáticos relatos, incluído en Historias de Cronopios e de Famas (1962). O relato, reproducido na campaña de Seat, Preámbulo ás instrucións para dar corda ao reloxo, é sen dúbida o motor que lle permite establecer unha identificación plena entre a mensaxe, a marca en cuestión e o espectador. O que a mensaxe introduce é a inversión dos papeis entre o produto e o consumidor: quen posúe a quen?, somos nós os posuídos polo obxecto?. Porén, o texto de Cortázar vai máis alá do mero acto de consumir, de ser posuído. O anuncio provoca unha adaptación ao seu propio discurso publicitario, onde as imaxes que acompañan á voz en off axudan a construír a mensaxe final.



Vía Papel en blanco

1 comentario:

fran dixo...

poesía e publicidade? Logo din que a poesía está pasada de moda...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.