Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/12/07

Banda deseñada sobre o Alzheimer



O cómic Arrugas de Paco Roca, editado por Astiberri, foi seleccionado como unha das mellores 20 obras do ano. Trata sobre a enfermidade do Alzheimer, o que o fai único no seu xénero.
O autor conta como asistiu durante un ano a diversos centros da terceira idade para inmiscirse ao máximo no problema e poder ofrecer unha visión honesta e emocionante, sen inventar nada. Nas súas propias palabras, "as anecdotas reais son tan boas que non se podían superar. Coñecín a unha señora que pasaba o día na ventá crendo que viaxaba en tren e para que comese había que convencela de que a levaban ao vagón-comedor"
Arrugas conta con precisión a batalla contra a vellez. Unha batalla sen armas, pero non exenta de bágoas.
É que o cómic goza de boa saúde, e comeza a abrirse a novos públicos. Xa non se sinte como unha lectura inferior. Só hai que lle dar unha oportunidade. Segundo o autor, "fronte a outros soportes, o cómic é un medio artístico perfecto para mesturar palabras e feitos reais con partes pictóricas e máis abstractas, xogar cos fundidos en branco para representar de xeito gráfico a perda de lembranzas-"

Vía Papel en blanco

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.