Un magnífico mecánico ademais de escritor acompañounos hoxe á tarde. O alumnado de 1º de ESO, encantado coa lectura do libro, preparou a conciencia a súa visita, grazas á súa profesora Fe Fernández. Realizaron carteis coa súa propia visión da vila de Tonecho e fixeron moitas preguntas ao escritor, quen contestou compracido.
Deixámosvos unha cantas fotos da súa visita... e xa vos comentaremos por que é mecánico: pensade, pensade...
1 comentario:
e ainda por riba arranxouche unha roda!
Publicar un comentario