Tod@s sabemos quen é o Che Guevara. Pero coñecemos a Talisma Nasreen, a Ayaan Hirsi Ali ou a Nawal Al Saadawi?. As tres son mulleres, universitarias, demócratas, e as tres están ameazadas do morte nos seus países.
A escritora
Talisma Nasreen tivo a mala sorte de suscitar a cólera dos islamistas indios coa súa novela
Lajja (
La vergüenza), gañadora do Premio Sajarov 1994 que denuncia
o tratamento da comunidade hindú no seu país, maioritariamente musulmán. A autora tivo que fuxir de Bangladesn, onde varias das súas obras están prohibidas, igual que na India, para non ferir a susceptibilidade musulmá. Refuxiada en Calcuta, criticou a condición das mulleres na sociedade islámica. Condenada a morte en agosto deste ano, tivo que deixar Calcuta e refuxiarse en Nova Delhi con protección policial india. Grupos de mulleres indias piden ao goberno que se lle conceda a nacionalidade india á autora emigrada de Bangladesh. Pero dá a impresión de que as autoridades a están empurrando suavemente a marchar fóra do continente.
Ayaan Hirsi Ali, escritora e deputada holandesa de orixe somalí, vive actualmente nun "lugar seguro" dos Países Baixos con protección policial, ameazada de morte polos islamistas de todo o mundo. Unha muller de estrita obediencia musulmá na súa infancia, vítima da ablación e fuxindo dun matrimonio forzado, refuxiouse nos Países Baixos onde obtivo a nacionalidade. No ano 2002 o viceministro de Holana fixo que entrara en política prometéndolle protección física. Pero dous anos despois, mentres traballaba co cineasta Theo Van Gogh, este foi degolado polos islamistas, amezando de morte á moza deputada liberal. Ayaan Hirsi Ali exiliose por un tempo nos Estados Unidos onde proseguiu a súa investigación sobre o Islam, pero perdeu os fondos destinados á súa seguridade concedidos polo seu goberno. En Francia circulou unha petición para que se lle concedese a nacionalidade francesa, pero iso non gustou ás autoriades. Será que Europa é covarde, como afirma Salman Rushdie? Ela mesma cre que "a colonización e a escravitude crearon un sentimento de culpabilidade en Occidente que leva á xente a adular as tradicións foráneas".
A exipcia
Nawal Al Sadawi é unha loitadora incansable pola emancipación da
muller no Islam, pola recuperación do nome materno asociado ao paterno, polo aborto, contra a ablación e contra o abuso sexual dos nenos. Segundo afirma, " o veo mental en Exipto é máis perigoso porque é invisible. O sistema educativo e os medios de prensa colaboran para velar as mentes". Encarcerada repetidamente, vive exiliada dende abril deste ano. E iso por pedir para as mulleres o dereito a expresarse libremente e a elixir a súas vidas.
Hai moitas outras mulleres heroínas do noso tempo por defenderen as súas ideas:
A birmana Aung San Suu Kyi leva 16 anos de arrestro domiciliario. A catedrática da mesma nacionalidade Aung Ma Tin Yee tivo que exiliarse en Tailandia polas ameazas sufridas, onde dirixe movementos de mulleres. Outras exiliadas ameazadas son a sirio-americana Wafa Sultan, a asiática Irshad Manji, nada en Uganda, a turca alemá Seyran Ates, e a turca Necla Kelek, todas elas culpables de tomarse en serio os principios democráticos.
Sen comentarios
Publicar un comentario