Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/07

Made in As Ferreiras: Séchu Sende

Pois si: hoxe visitounos Séchu Sende. Despois de recibir esta fin de semana o premio ao mellor libro do ano, libro que o noso alumnado de 1º de Bacharelato leu, hipnotizounos co seu humor e a súa mensaxe, e digo hipnotizounos porque iso foi o que fixo: adiviñar o pensamento dun alumno, Alex, e dunha alumna, Sara, ante o abraio do resto da clase. Foi unha charla amena na que todo o alumnado participou activamente, falando e debuxando.
O libro fálanos da lingua, da nosa actitude ante ela, ou ante elas -non esquezamos-, da disposición e a convicción, do humor, do conflito. Séchu propón cambiar a realidade desde a literatura e desde a súa propia vivencia, tal coma hoxe nos contou.
E se visitades o seu blogue, veredes como xa colgou as vosas bombonas tuneadas!!!

3 comentarios:

Oshidori neeeno dixo...

Por que non vin a Sechu Sende cando veu? Onde estaba eu?
Por certo, o outro dia no tren indo cara A Coruña, atopeime cun home cuxa cara se me facía familiar, mireino e díxenlle: Eu coñézote verdade? E dixo: Eu a ti....tamén!
Sabes quen era?
Alberto Lema! Seica aínda non vive do que escribe...

Ronsel dixo...

Que onde estabas ti? A ver, mira a data na que veu: 2007!!! Case non naceras!
E que tal Alberto Lema?

Ronsel dixo...

Mira. É a xeración de Daniel Castro. Xa non lembro se estaban un ano ou dous por diante vosa...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.