Seguimos falando de estilos musicais e hoxe tócalle o turno ao reggae. E falar de reggae é sinonimo de falar do gran Bob Marley, auténtica referencia dentro deste xénero musical.
Robert Nesta Marley, nacido o 6 de febreiro de 1945, en Nine Mile, unha pequena localidade ao norte de Xamaica, non podía imaxinar que chegaría a converterse nun dos mitos musicais do século XX.
Como a maioría das familias rurais, o destino da familia Marley foron os barrios pobres e míseros da cidade de Kigston. Gran influencia tivo na vida de Bob Marley a relixión Rastafarí, mestura de profecías bíblicas, filosofía naturista e nacionalismo negro.
En 1930 Ras Tafari Makkonen foi coroado emperador de Etiopía, pasando a chamarse Hailè Selassiè. Segundo unha vella profecía, este rei liberaría á raza negra do dominio branco. Moitos xamaicanos, elexiron a Bob como o representante da súa nova relixión. Foi neste ambiente onde coñeceu a Neville O'Riley Livingstone (Bunny) e a Peter McIntosh. Xuntos comezaron a tocar, influenciados pola música de Ray Charles, Fats Domino, Brook Benton ou Curtis Mayfield. En 1963 forman un grupo lanzando un primeiro single que acadaría o primeiro posto nas listas xamaicanas. Marley converteuse nun dos primeiros en escribir cancións sobre os xoves delincuentes do ghetto de Kigston. En 1966, Bob Marley casa con Rita Anderson, e marcha a vivir a Estados Unidos. Á súa volta á illa, a súa crenza na relixión Rastafarí medrou, reflectíndose nas súas cancións. Cos seus amigos Bunny e Peter, crean un novo grupo, 'The Wailers'.
Debido á 'espiritualidade' que emanaba das súas cancións, tiveron problemas para atopar representantes, o que lles resta gran parte do éxito que agardaban. A principios dos setenta, alíanse con Lee Perry, un produtor que revoluciona o seu traballo, dando como resultado algunhas das súas mellores obras. En 1972, o grupo edita o seu primeiro álbum, 'Catch a Fire', que tivo grande éxito, o que os levou a realizar unha xira por Inglaterra e Estados Unidos. En 1975 Bunny e Peter deixan o grupo para adicarse á súa carreira en solitario sendo substituídos no grupo pola muller de Bob, Marcia Griffiths e Judy Mowatt.
O grupo pasou a denominarse 'Bob Marley & The Wailers'. A partir dese ano 1976 publícanse varios discos que se encaraman ás listas de éxitos de todo o mundo e dos que podemos extraer algunhas das cancións máis representativas do movemento reggae.

Ao finalizar a xira europea de 1980, Bob cae gravemente enfermo de cancro, causado por unha ferida que se fixera uns anos antes. O 11 de maio de 1981 finaba nun hospital de Miami aos 36 anos. O seu corpo foi trasladado á súa cidade natal, onde descansa nun mausoleo. Ao seu funeral acudiron o primeiro ministro e altas personalidades do seu país.
2 comentarios:
Sabiades que o reggae ten o seu baile e todo??
no woman no cry!
wonderfull!!
Teño unha semana cheiña de cousas! para o finde prometo que pasarei máis por aquí e firmarei! firamarei,,,, como nos vellos tempos (cando tiña internés i esas coiças...)
muacks!
Publicar un comentario