Terceiro artigo colaborativo na nosa conta atrás. Mañá é 10 de Decembro, día dos Dereitos Humanos, eses Dereitos cada día esquecidos que nós queremos lembrar.
"EL GRAN DICTADOR"
PELÍCULA INTERPRETADA POR CHARLES CHAPLIN "CHARLOT"
PELÍCULA INTERPRETADA POR CHARLES CHAPLIN "CHARLOT"
Discurso final de Charlot, o Charlot que, aproveitando o seu parecido físico con Hitler, se dirixe aos soldados dispostos a conquistar o mundo.
Charlot recórdalles que non hai que combater pola escravitude, que deben loitar en prol da liberdade e a xustiza, que hai lugar para a esperanza.
PODEDES FACER DESTA VIDA UNHA RADIANTE AVENTURA
Realmente síntoo pero non aspiro a ser emperador. Iso non é nada para min. Non pretendo rexentar, nin conquistar nada de nada. Gustaríame axudar, no posible, a cristiáns e xudeus... negros e brancos. Todos temos o desexo de axudarnos mutuamente. A xente civilizada é así. Queremos vivir da nosa dita mutua... non da nosa mutua desdita. Non queremos desprezarnos e odiarnos mutuamente. Neste mundo hai sitio para todos. E a boa terra é rica e pode garantir a subsistencia de todos. O camiño da vida pode ser libre e magnífico, pero perdemos ese camiño. A voracidade envelenou a alma dos homes, rodeou o mundo cun círculo de odio e fíxonos entrar marcando o paso da oca na miseria e o sangue. Melloramos a velocidade, pero somos escravos dela. A mecanización que trae consigo a abundancia afastounos dox deseo. A nosa ciencia volveunos cínicos. A nosa intelixencia, duros e brutais. Pensamos en exceso e non sentimos bastante. Temos máis necesidade de espírito humanitario que de mecanización. Necesitamos máis a amabilidade e a cortesía que a intelixencia. Sen estas cualidades a vida só pode ser violenta e todo está perdido. A aviación e a radio acercáronnos os uns aos outros. A natureza mesma destes inventos requería a bondade do home e reclamaba unha fraternidade universal para a unión de todos. Neste momento, a miña voz chega a miles de seres esparexidos polo mundo.
A aqueles que poidan comprenderme dígolles: Non desesperedes, a desgraza que caeu sobre nós non é máis que o resultado dun apetito feroz da amargura duns homes que temen o camiño do progreso humano. O odio dos homes pasará e os ditadores perecerán, e o poder que usurparon ao pobo volverá ao pobo.
Soldados, nonv os entreguedes a eses brutos, homes que vos desprezan e vos tratan como escravos, homes que rixen as vosas vidas, impoñen os vosos actos, os vosos pensamentos: que vos amaestran e vos fan xexuar, trátanvos como gando e utilízanvos como carne de canón. Non vos poñades en mans deses homes contra natura, deses homes máquinas con corazóns de máquinas.
¡Vós non sodess máquinas! ¡Vós non sodes gando! ¡Vós sodes homes! ¡Vós levades o amor da humanidade nos vosos corazóns! Non odiedes. Só os que non son amados odian. Os que nom son amados e os anormais... Soldados, ¡non combatades pola esclavitude! Combatede pola liberdade.
¡Soldados! En nome da democracia ¡unámonos!

Sen comentarios
Publicar un comentario