Unha árbore. Non unha árbore calquera, non. Unha árbore de libros en galego. Unha árbore que invita a ler en galego. Unha árbore que reflexiona sobre a lectura. Unha árbore que demostra que en galego se pode ler calquera lingua. Unha árbore moi lectora. Unha árbore autóctona.
De que estou a falar? Nada máis nin nada menos da árbore que "plantamos" coa esperanza de que agrome e de que a nosa lingua se faga máis forte; unha árbore con moitas pólas polas que a cultura pasea e esparexe o seu saber; unha árbore cuxas follas son letras impresas que voan cara a todas partes ou cara a ningunha; unha árbore do saber. Esta é a nosa árbore: unha árbore guiada pola estrela da lectura en galego. Con ela desexamos non "Bo Nadal" senón "Felices Lecturas", arroupados por un grupo de alumnado, 4º ESO-A, que le e disfruta, que colabora e ten iniciativas. Desde aquí, moitas grazas a eles e ao compañeiro Jesús, que desde o momento en que lle comentei a iniciativa, pensouna e mellorouna, axudou e non se lamentou, mantivo o sorriso e fixo as fotografías.
Espero que vos guste, porque a min, sinceramente, encántame.
Espero que vos guste, porque a min, sinceramente, encántame.
5 comentarios:
Prácticamente sen tempo, últimamente, para pasear pola blogosfera, nunca deixo de botar unha olladiña por esta marabillosa fiestra que tanto aloumiña a miña alma. Como me gusta a vosa árbore!!
Felices Festas (e que pasen axiña)!!!
Bicos dende Fene
que preciosidade de árbore fixéstedes!!! hai cousas que é imposible cambiar, compañeira!
E que bonita nos quedou...a verdade é que tiña razón Marcos, a estrela houbera sido mellor non cambiala de sitio.
Pero que bonita é! oi oi oi...
A quen foi quen de imaxinar unha árbore tan, tan frondosa. A quen foi quen de leval adiante e colocala no centro das olladas...
Parabens, noraboa e moitos bicos.
olga
moui bonita a arbore noraboa a qn a fixo
Publicar un comentario