Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/01/08

1977

A curta de animación da ferrolá Peque Varela, 1977, foi seleccionada entre máis de cinco mil curtas para competir no festival de cine independente de Sundance, creado por Robert Reford hai xa 27 anos.

1977 conta en oito minutos a vida dunha nena que trata de definir a súa identidade sexual nunha vila pequena e de mente pechada. A finais deste mes, Peque Varela competirá con outros 82 directores. Desde aquí, desexámoslle moita sorte.

Peque Varela vive en Londres desde o 19 anos.

1977 - film clip

Añadir a mi perfil | Más Videos

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.