Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/01/08

Asina pola prevención

Actualmente, a través da Seguridade Social, as mulleres temos dereito a unha revisión e realizar a citoloxía vaxinal cada 3 anos. Cada ano en Europa, máis de 50000 mulleres sofren e 25000 mulleres morren de cancro de útero, aínda que un programa eficaz de prevención podería evitar case todos estes casos. Porén, a maioría das mulleres en Europa non poden acceder a este servicio de prevención. É certo que a proba é accesible por toda Europa, pero frecuentemente só se ofrece a aquelas mulleres que saben que é necesario pedila ou teñen cartos suficientes para pagar por ela. Baixo estas circunstancias, só a xente rica e con niveis de estudos elevados disfruta desta protección mentres que outras contraen o cancro. É dicir, foméntase a medicina preventiva, pero non se aplica unha verdadeira política de prevención a través do diagnóstico precoz continuado.
Procurando un millón de sinaturas ofrécese unha boa oportunidade para presionar aos deputados e "invitar" á Comisión Europea que considere a lexislación.
Podes asinar na web oficial da campaña.



Vía mangas verdes

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.