Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/01/08

Facendo reconto

Desde o ano pasado que non estabamos aquí!!!
Comeza un novo ano, si. Botando a vista atrás, deberiamos dicir: Por fin!
Desexamos que neste novo ano se cumpran os vosos soños e que sexades o máis felices posible, pero desexamos tamén que sigades connosco. Son case 400 post, como dixemos onte, e o noso contador de visita, instalado o día 28 de outubro, indícanos que son case 7000 as veces que vos achegastes á nosa páxina. Unha páxina que pretende ante todo ser unha porta aberta ao mundo EN GALEGO. Necesitámosvos, e necesitamos os vosos comentarios. Sen vós, nada disto ten sentido. Achegádenos as vosas inquedanzas, os vosos gustos, as vosas afeccións... e nós tentaremos ofrecérvolas. Axudádenos a construír un mundo mellor, sempre. O noso desexo prioriatario é a solidariedade para cos que máis sofren. Grazas aos e ás que nos compartides. O ano pasado, este e os vindeiros.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.