Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/01/08

Gaza apágase

Despois de que a principal planta de electricidade de Gaza terminara a súa derradeira gota de suministro pola escasez de combustible debido a que Israel pechou todos os pasos fronteirizos, a escuridade fíxose dona das rúas, os camiños que levan ás escolas, das casas, e do que é peor, dos hospitais.
Gaza apágase. A luz non chega aos centros sanitarios onde se atopan ingresados ducias de feridos dos últimos (ogallá puidesemos dicir derradeiros) ataques do exército israelí. Apáganse as máquinas de soporte vital nas unidades de hospitalización.
O frí chega, máis incisivo aínda. Un frío de impotencia e desesperanza. Un frío do duro inverno palestino.
A ONU fala de que as restriccións por parte de Israel son inxustificables e inaceptables. Pero parecen tan só palabras que esvaran, xa que a peor crisis humanitaria que sofre ese pobo comezou e moitos permiten esa desolación, ese castigo colectivo. Silencio ou indiferencia, o resultado é o mesmo.
As velas percorren as rúas en penumbra, levadas por un centernar de palestinos nunha manifestación convocada por organización non gubernamentais. Protestas no aire, na noite máis profunda, polo bloqueo indiscriminado e habitualmente desproporcionado que está a impedir que chegue axuda humanitaria.
Gaza apágase, pouco a pouco.
Máis inaceptable resulta a pouca luz de coherencia que non chega ao entendemento, que permite que non reste atisbo de esperanza.
Debemos apagarnos xunto a ese pobo que sobrevive nas tebras.
Aínda que o ministro de defensa israelí, Ehud Barak, autorizou a entrada de fuel para producir electricidade e medicamentos, de momento négase a permitir a entrada de comida e de gasolina para os vehículos ou simplemente para aturar o frío. Acceden, claro está, pola presión da comunidade internacional e os diferentes organismos non gubernamentais.
O castigo colectivo é algo habitual á poboación palestina, saltando todas as normas do Dereito Internacional, Convención de Xenebra, Resolucións da ONU...
Alberto Sotillos de Primera Plana é o propulsor da campaña Ilumina Gaza, unha iniciativa que representa a vontade de que os pasos fronteirizos se abran definitivamente, para que ningún ser humano poida morrer na ambulancia, ningunha muller siga dando a luz nos innumerables checkspoints ou un neno morra por non ter electricidade para operalo...



Se queres, podes copiar este logo no teu blogue para apoiar esta iniciativa.

Xa o dicía Orwell: "Ver o que está diante dos nosos ollos require un esforzo constante". Non debemos esquecer nin mirar para outro lado, aínda que resulte moi duro.

Vía Lápices para la paz

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gracias por la compañía en este compromiso de no dejar que la oscuridad triunfe sobre la justicia.

Saludos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.