
Non se trata dunha historia lineal de doada lectura, senón que asistimos a unha manchea de encontros de xente nova que conversa arredor da súa propia identidade, tentando encarala fuxindo de utopías e ideoloxías.
A chegada ao mundo adulto destes mozos e mozas significará ir ao encontro dunha realidade que resulta ser diferente á prometida, un mundo onde a identidade persoal irá desde a inhibición até a diverxencia, co fracaso como constante nas súas vidas. Un final que procura un sorriso tristeiro no lector, porque a vida non é doada, porque o difícil é toparse a un mesmo a pesares da existencia (ou non) do amor.
1 comentario:
Pero Gracia, seica che gustou...
Parabéns, porque parece que a literatura galega non existía neste blog...
Cabra na fraga
Publicar un comentario