Cunha carreira de máis de 25 anos e unhas vendas mundiais que superan os 60 millóns de copias, a actitude de que "Son un tipo afortunado só con poder estar aquí", semella algo sinxelo comparado cos seus logros musicais.
Bryan Adams naceu o 5 de novembro de 1959. Fillo de emigrantes ingleses, comezou a súa singradura discográfica escribindo cancións xunto a Jim Vallence, membro dun grupo chamado Prism. Entre os dous compoñían para os grandes rockeiros do seu país como Randy Bachman (Guess Who), ou internacionais como Bonnie Tyler ou os mesmísimos Kiss.
En 1981 asinou un contrato para gravar un disco en solitario co selo A&M: You want it, you got it. En 1984 chegou Reckless o seu terceiro traballo no que se incluíron tres das cancións máis importantes da súa carreira: Run to you, Summer of ‘69 e It’s only love, todas transformadas, hoxe en día, en auténticos himnos. Reckless converteuse no disco máis vendido ata aquel momento na historia da música de Canadá.
En 1991 Bryan Adams concorreu definitivamente nunha das máis grandes estrelas da música grazas a unha canción Everything I do( I do it for you) que foi o tema principal da banda sonora da película Robin Hood, príncipe de los ladrones, protagonizada por Kevin Costner. Dita composición foi un auténtico número un e colleitou un tremendo éxito, ao igual que o filme. Nese traballo, ademais da mencionada balada, tivo moitos singles entre os que estaban Can’t stop this thing we started, Thought I’d died and gone to Heaven e Do I have to say the words?.
Aquí che deixamos algunha das súas máis grandes cancións; esperamos que as goces!

1 comentario:
algo meloso pero non está mal
:)
unbico!
Publicar un comentario