Esta foto foi tomada por Kim Manresa en 1997. Chámase "Kadi, a ablación" e forma parte dunha serie que recolleu todo o ritual. Daquela foron un impacto, pero axiña se esqueceron. O autor das fotos relataba o moito que lle custara realizar esa reportaxe, pois o que lle proía era marchar coa nena de alí.
Kim Manresa cre no valor testemuñal da fotografía, na súa idoneidade como instrumento de denuncia, de desvelamento de inxustizas. Para realizar esta reportaxe que se publicou baixo o título "O día que Kadi perdeu parte da súa vida" implicouse persoalmente, mantivo un contacto constante con esa familia até que conseguiu ser autorizado a realizar as fotos.
A face da nena segue a estremecer. Digo eu.
A face da nena segue a estremecer. Digo eu.
Poderemos algún día celebrar que se erradicou esta práctica salvaxe? Sabiades que hai uns días, o 6 de febreiro, foi o "Día internacional contra a ablación xenital feminina? Como tantos outros días, o ano que vén seguiremos a falar do mesmo, porque a nosa sociedade é totalmente incapaz de construír un mundo mellor. Iso é o que me temo.
Sen comentarios
Publicar un comentario