Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/02/08

Censura no metro de Londres

Falar deste despropósito nestes tempos resulta, cando menos, incrible.
Un cadro dunha Venus dun renacentista alemá, Lucas Cranach, o Vello (1472-1533), que a Royal Academy of Arts pretendía utilizar como reclamo publicitario da exposición que proximamente se inaugurará en Londres é o protagonista do noso "post".
Este cadro considerado como un símbolo subversivo, cun forte poder ofensivo, debeu ser retirado do metro de Londres. Agora ben, a quen lle pode resultar ofensivo? Quizais a certos sectores ultraconservadores que son os que impoñen o seu criterio?


Porén, esta é a segunda vez que sucede algo así, xa que ocorreu o mesmo cunha obra do século XVII de Sir Peter Lely "Retrato de Diana Kirke, Countess of Oxford", na que o principio dun peito foi considerado ofensivo polas mesmas autoridades do metro, o que conlevou un cambio na obra escollida.



Sinceramente, non se me presentará a oportunidade xamais, pero non tería ningunhas ganas de coñecer a esta xente que dirixe o metro londinense!

Vía Bajo el Signo de Libra

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.