Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/02/08

Cotilleos filosóficos

Na seguinte foto aparecen:

Lou Andreas-Salomé, coñecida como "a bruxa de hamberg". Considerada a ponte entre filosofía e psicanálise no século XIX, amiga de Freud, Rilke, Nietzsche, Wagner e outros intelectuais da época.
Paul Rée, amigo de Friedrich Nietzsche, non sei se con moitos méritos máis, preguntaremos aos compañeiros de filosofía.
Friedrich Nietzsche, de sobra coñecido e estudado por tod@s vós.

A historia desta foto é curiosa: Rée presenta a Lou a Nietzsche e inmediatamente ela queda namorada do seu intelecto, entablando amizade. El proponlle matrimonio e ela rexéitao, propoñéndolle ir vivir os tres xuntos.
Ocorre despois que Nietzsche non soporta os ciúmes e deixa o matrimonio "intelectual" con Rée e Lou. Pouco despois publica a súa obra mestra Also sprach Zarathustra; Rée suicídase cando Lou o deixa. Esta seduciu ás máis grandes mentes do seu tempo (Freud, Wagner, Rainer Maria Rilke...), dando pé ao seguinte dito: Calquera home que coñecese á bruxa de hamberg, daba a luz a súa obra mestra aos 9 meses"


Lou Salomé, Paul Ree and Friedrich Nietzsche (1882)



2 comentarios:

magister dixo...

"O verdadeiro home quere dúas cousas: o perigo e o xogo. Por iso ama á muller: o máis perigoso dos xogos"
F.Nietzsche: "Así falou Zarathustra"

magister dixo...

"O verdadeiro home quere dúas cousas: o perigo e o xogo. Por iso ama á muller: o máis perigoso dos xogos"
F.Nietzsche: "Así falou Zarathustra"

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.