Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/02/08

En París (3)


Amor e Psique
Cánova
1793

O academicista Cánova colle un triángulo como punto de partida dos dous corpos, dando movemento por algúns membros e ás en diagonais. O que máis chama a atención é a súa mestría co mármore, pedra das máis duras para traballar. As esculturas teñen pel, xa que púe dun xeito tan exquisito a pedra que non ten ningún tipo de rugosidade.

A obra O Asno de Ouro de Apuleyo conta que na mitoloxía Afrodita tiña ciumes de Psique pola súa beleza e por iso fixo que Eros, o seu fillo, baixara a por ela para cravarlle unha frecha que a faría namorar dun home espantoso. Porén, cando a viu, namorouse, e cando ela durmía foi buscala, espertouna e levoua ao seu pazo. A escultura representa o momento en que ela esperta. Ambos corpos apértanse e os brazos son o marco das súas faces, verdadeiro reflexo da escena de tenrura e erotismo.
O gusto polo clásico propio do Neoclasicismo evidénciase en Cánova. A forma das pregues lembra esculturas clásicas así como o puído.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.