Por fin puiden ver "Expiación. Más allá de la pasión" (pregúntome por que este segundo título), película á que lle tiña moitas ganas porque o libro no que está baseada é un dos meus favoritos. Prefiriría non dicir "gustoume máis o libro" porque creo que é un comentario inevitable cando saes dunha película da que previamente leras o libro, e por tanto, xa maxinaras ti. Pero creo que sae perdendo, bastante. Non sei o que diría se non tivese lido o libro previamente, seguramente me gustase moito (historia romántica con sentido épcio), pero non podo evitar afirmar que me decepcionou. Por suposto, non é unha mala película, posto que ofrece tensión narrativa e unha montaxe exquisita, aínda que a estragan coas imaxes finais. Curiosamente, quizais o que lle falte á película é precisamente, paixón. Cando menos, cando lin o libro, a paixón foi tan forte que tiven que aparcalo un par de días polo tropel de sensacións que en min provocaba. A película non o logra nin de lonxe. Gustoume moito, si, a banda sonora acompañada ritmicamente co ruído tan familiar da máquina de escribir acorde coa personaxe central que ía marcando tempos e sucesos
Esta personaxe central resulta a máis fascinante (e odiosa), interpretada por tres actrices diferentes segundo as idades, un gran traballo de todas elas por interpretar coherentemente a mesma personaxe, indo máis alá da simple
diferenza de idade: as tres están soberbias interpretando á complexa e imposible Briony Tallis.
diferenza de idade: as tres están soberbias interpretando á complexa e imposible Briony Tallis.
Sen comentarios
Publicar un comentario