Xosé Otero Abeledo, LAXEIRO é un dos máis representativos pintores que ten dado Galicia. Naceu na parroquia de Donramiro (Lalín), o 23 de febreiro de
En 1951, pintor xa recoñecido, trasládase a Buenos Aires para presentar unha exposición colectiva. O éxito anímao a permanecer alí ata 1960. Relacionado con pintores da vangarda arxentina, expón con frecuencia e aparece como escritor de contos e relatos. A súa etapa arxentina inflúe decisivamente na súa traxectoria artística.
O ano 1968 sería decisivo para Laxeiro. De volta a España, a súa exposición na Galería Biosca, coas súas obras máis destacadas, obtén notable éxito. Instalado no ático do Café Gijón, decide viaxar a Holanda para coñecer a pintura de Rembrandt, que deixará nel unha pegada profunda.
No ano 1989, é o artista elixido para a exposición inaugural do Auditorio de Galicia en Santiago, e recibe a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. O 21 de xullo de 1996, Laxeiro morre na súa casa de Vigo, sendo soterrado no Cemiterio de Lalín.
A arte galega do século XX fixou a súa propia definición a partir da segunda década do mesmo, coa renovación lingüística propiciada por uns cantos pintores que lograron entender o propio dende unha perspectiva internacionalista. Foi a chamada “vangarda histórica”, a que se enfrontou á conciencia rexionalista dos artistas que concibiran a arte como un documento exquisito da realidade mítica.
Laxeiro constitúe un gigantesco fragmento desta renovación artística do primeiro terzo, capaz de delimitar el mesmo o século galego e as súas transformacións ata a actualidade, percorrendo non só as posibilidades dunha renovación das linguaxes, senón tamén aquelas que intuían a este país dende unha antropoloxía diferente. Isto explica a visión mítica e fabuladora da súa pintura, a filosofía construída a partir das lendas estrañas e un mundo máxico imaxinado como desexo dun país que xamais poderá existir.
En Laxeiro estarán presentes, ao longo do seu amplo proxecto, as peculiaridades da filosofía, da antropoloxía e da expresión artística galegas. Na narración e na linguaxe. Contidos e formas que ironizan dende a tenrura, sempre tolerantes e portavoces dun humor satirizante. Pintura que se comunica coa paisaxe e exalta o máis fecundo panteísmo dende as entrañas pagás dunha hierofanía que nace da asunción de telurismo primitivo. Narración que incita á soidade e ao misterio, ao sentimento remozado da terra na nostalxia, na melancolía ou no infinito. Ambigüidade irrefreable do mar e do campo, fantasía, utopía, mitoloxía, esperpento... liña romántica, espiral, circular, envolvente, expresionismo...
1 comentario:
ummm precioso....
Publicar un comentario