Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/02/08

Mary Shelley

Mary Shelley (1797-1851), filla da feminista Mary Wollstonecraft e muller do poeta P.B. Shelley, pertenceu ao círculo de xoves poetas do romanticismo inglés. Case aos dez anos de escribir a súa célebre obra "Frankenstein ou o moderno Prometeo" e catro despois da tráxica morte do seu home, publicou "O último home" (1826), considerada a súa obra máis ambiciosa e que se edita agora en España.
A trama da obra sitúase no ano 2073: unha estraña epidemia, froito dunha guerra, avanza polo planeta até comezar a extinguir a humanidade. A súa autora utilizará esta trama sinxela para criticar as estruturas sociais da época, así como para retratar de forma tanxencial ao seu grupo de amizades, incluíndose a si mesma como narrador -Lionel Verney- no que volcar os seus medos e angurias ante a perda do seu compañeiro, ou a aparición de lord Byron como lord Raymond, quen loita en Constantinopla pola liberdade dun pobo que non é seu, como fixo o autor romántico.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.