Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/02/08

A nada

Filosofar con humor nunca vén mal. Preguntémonos que é a nada, entre Platón e Aristóteles nolo dirán:




É bo o chiste filosófico de Cruz e Raia, non? Ben ambientado, cando menos. Está situado na obra A Escola de Atenas de Rafael, onde aparecen as grandes figuras da filosofía grega. Platón sinala o mundo intelixible e Aristóteles apunta ao mundo físico, onde se produce o cambio ou movemento. Déixovos o vídeo explicativo do cadro para saberdes quen é quen nel.



Vía La lechuza de Minerva

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.