Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/02/08

Non á violencia contra as mulleres (XXXI)



Catro mulleres máis (e xa van 15 desde comezos deste ano -16 segundo algúns rexistros de organizacións feministas-) morreron nas últimas horas en distintos puntos da xeografía española vítimas da violencia machista. As catro foron asasinadas presuntamente polas súas parellas ou ex-parellas. Dous dos asasinos tiñan orde de afastamento.
Catro mulleres nun día sinalan o 26 de febreiro do 2008 como o día máis tráxico en España por mortes a causa da violencia machista.
Que pasa na nosa sociedade? Até cando?



1 comentario:

Anónimo dixo...

o de onte foi brutal
nada dentro do malamente chamado común. É unha mágoa
que o ser humano ( machos sobre todo ) teña
tales coductas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.