Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/02/08

Panópticos

Os panópticos son edificios construídos de modo que toda a súa parte interior se poida ver desde un só punto.
Nos distritos rurais de Blackburn, Burnley, Pendle y Rossendale, en East Lancashire (Inglaterra) elevaron esta premisa a grao de arte. Todo un conxunto de construcións futuristas, coñecidas xenericamente como "The Panopticons" adornan as paisaxes destas terras máxicas.
Catro son as esculturas que presiden os respectivos distritos: ‘The Atom‘ (Pendle), ‘Colourfields‘ (Blackburn), ‘Halo‘ (Rossendale) e a que podemos ver no vídeo, o estremecedor ‘Singing Ringing Tree‘, unha árbore que nos canta segundo a partitura que vaia debuxando o vento. Unha pasada.




Vía Mangas Verdes

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.