Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/02/08

Sáhara

Como seguramente sabedes, a este noso e voso blogue nacéronlle dous irmáns lectores que podedes premer nas imaxes que tedes á dereita: As estelas dos ronseis e Momentos de silencio compartido; ambos son clubs de lectura, pero mentres o primeiro é un club feito por e para o alumnado, o segundo desexa ir un pouco máis alá: coñecer, ademais de ler, que pasou, pasa e pasará no Sáhara.
Déixamosvos un vídeo que explica escuetamente a súa historia, e invitámosvos a entrar no noso club para saberdes máis, se vos prougue. Con Fran Alonso sucamos o deserto e seguimos soñando con esa area abrasadora que nos fala de xente pacífica e paciente que agarda se solucione un conflito que non parece ter final.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.