Nos premios de World Press Photo prima a historia e a narración; se hai composición e técnica, mellor. Pero sempre influídos polos acontecementos. Non só fotografía.
O primeiro premio foi para o fotógrafo británico Tim Hetherington, grazas á súa foto dun soldado estadounidense exhausto nun búnker en Afganistán, unha imaxe que amosa o esgotamento dun home e dunha nación. A imaxe foi tomada o 16 de setembro do 2007:
O primeiro premio en temas contemporáneos é esta foto que amosa a evacuación da morte de Gorilas da Montaña no PArque Nacional de Virunga, no Congo Oriental. De Brent Stirton:
E esta é impresionante: un vestido dunha nena atrapado na fronteira entre Exipto e Israel en agosto do 2007. De Yonathan Weitzman:
Sen comentarios
Publicar un comentario