Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/03/08

Gaza desángrase


O ministro de Defensa israelí dixo o domingo que o seu país necesita prepararse para unha posíbel escalada das accións militares na Franxa de Gaza. Onte as forzas israelís mataron a 61 persoas, case todos civís, mesmo nenos, e feriron a outras 200.
Israel fixo avanzar as súas tropas máis ao interior de Gaza. O presidente da Autoridade Palestina respondeu que a ofensiva israelí en Gaza é "máis grave ca un holocausto" e supuxo a suspensión das conversas de paz.
Esta desproporción débese ao lanzamento de cohetes a Israel e á morte dun soldado. E a comunidade internacional segue a mirar impasible... ou a non mirar, que sempre é máis doado. Levamos así seis décadas. Ata cando? Poderemos falar algún día de paz?


2 comentarios:

Anónimo dixo...

É unha pena
que ocorra esto

Montse dixo...

Tristeza.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.