Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/03/08

Homenaxe aos nosos teatreiros

Hoxe, 27 de marzo Día Mundial do Teatro, chegou a hora de rendirlle esta humilde homenaxe aos nosos grandes teatreiros. Foron dous anos nos que compartimos con eles moitas cousas: ensaios, broncas, choros, risas, algún que outro bocata e sobre todo, a paixón polo escenario e a interpretación.
Horas e horas ata ser unha gran familia: mamá Gracia, papá Anxo e unha morea de fill@s teatreir@s. E a eles vai adicada o noso artigo nun día coma o de hoxe. Con todo o cariño do mundo.



"Unha noite, en tempos inmemoriais, un grupo de homes reuniuse nunha canteira para se quentar arredor do lume e contar historias. De súpeto, un deles tivo a idea de se erguer e utilizar a súa sombra para ilustrar o seu conto. Usando a luz das lapas fixo aparecer personaxes inmensos sobre os muros da canteira. Os outros, abraiados, recoñeceron un por un o forte e o débil, o opresor e o oprimido, o deus e o mortal."

7 comentarios:

Ronsel dixo...

Que ben, Anxinho, hoxe aínda non chorara... e xa me tocaba. Eran bos tempos aqueles, sen dúbida ningunha, teatro e biblioteca da nosa man... Bicos

NOEMI dixo...

Hola meus papas!!!!!!!sempre observei pero non me atrevin a escribir xa k non sabia k por.

Agora creo k si sei e xa cho dixen a ti papa, gardo un cofre de ouro no meu interior, dentro del atopanse moitos recordos k son un tesouro para min. Son momentos k compartin con ese grupo de teatro k me ateigou de ledicia, dous anos maravillososo, xunto a eses momentos atopanse unhas persoiñas k estan gardadas no meu cofre dos mais keridos k sodes vos.

nunca me eskezo de vos, acordadesme mil e unha vez e sempre k vos necesito estades ai e nunca podrei agradecervos todo ok me fixestes pasar o voso lado nin todo ok me enseñastes desta vida.

Eran bos tempos os k volveria mil e unha vez, pasar de novo esas tardes convosco e con todos, rindo, berrando, comendo, chorando......... Oxala todo fora tan bonito como dakelas.

A vida cambiounos a tos, a min non pa moi ben pero bueno xa sabedes k eu son dura de roer polo tanto non e facil botarme abaixo enton disfruto de todo ok podo e mais pk ai k pensar no agora non no mañan.

E despois de todo eu sigo lembrando cada momento e acordandeme de vos a miudo pk algunhas veces ata vos boto en falta e me caen bagoas pensando en vos.

Teño mais tesouros ca ese, un precisamente foi a opcion de coñecervos.

KEROVOS MOGOLLON

NOEMI

Luis dixo...

Chorando?? Jajaja, fala por ti, tanto chorabas que ata fixeches un intento de suicidio!!jaja, cada vez qe o recordo ponseme un sorriso na cara, coma cada vez que recordo as tardes inolvidables que pasamos na casa da cultura "estudiando o guión", jaj.

Sempre seredes a miña segunda familia, foi un pracer traballar con vos, e voltaria a facelo sen dubidalo.

Grazas por esta homenaxe, inda que quenes a merecedes en verdade sodes vos, pola paciencia que tivestes (e seguides tendo) con nos.

Un bico e unha forte aperta.

Anónimo dixo...

hoxe poderemos volver a recordar eses momentos!
:)
(na miña habitación hai algunha foto de teatreiros) :)

quérovos moito moit moito!

adelcisa

Anónimo dixo...

Madre mia... cantos recordos!!!

que ben o pasei, cantas aventuras vivín!!!
podo presumir de estar nun grupo de teatro no cal nos queríoamos todos moito, cada un a súa maneira,
e podo presumir de facer grandes amigos ós que nunca olvidarei!!

o outro día tivestes cea de 2º de Bacharelato, e como lla xe dixen a algún por aí!! a volta da miña viaxe a Túnez penso organizar unha cea de Teatro!! que teño moita gana de reencontrarme con vos xa que ai xente da que non sei nada!!asíque ide collendo forzas para esas!!


moitos bikos a todos querovos moito!!!

FUFI, inspectora menéndez

Anónimo dixo...

Ola bonitos.
A morriña, sentimento endémico XD galego, recórreme as veas ao ler isto, ao lembrarvos.
Eran bos tempos aqueles sen dúbida algunha: nervios, risas, enfados, sentimentos a flor de pel, miles de experiencias que valen a pena, e a pesar de que empreguedes o pretérito (corríxeme mama!!!!!!) para falar daquel entón, quero dicirvos q as miles de cousas q aprendín con vós téñoas sempre presentes. E como non tamén a vós, que sodes persoas marabillosas e incribles, das que non me esquecerei nunca.
Teño moitas ganas de vervos, tanto a vós papis, como a vos irmáns. Xa toca abrazarvos de novo.
Gracias por todos eses momentos. Moitos bikiños encantos.

Anónimo dixo...

Si, como non, este último anónimo son eu: Rocio...si, si, Herminia, Paula, pija (so na voz!!!!) DX
Mais bikiños para todos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.