Algunhas persoas téñense interesado, ao estudar o pensamento de Platón, pola situación das mulleres na Antiga Grecia. Por que Platón deixa aberta a posibilidade de que houbese raíñas-filósofas no seu deseño de Estado ideal e xusto? Estaba a favor da igualdade da muller cando daquela considerábase que só os varóns eran iguais entre si e por tanto dignos?
O que apuntan varios autores é que Platón se fixou nas mulleres da cidade de Esparta cando deseñou o seu estado. Elas eran adestradas no deporte, polo que estaban o suficientemente fortes como para poder guerrear. E os reis-filósofos seleccionábanse a partires dos gardiáns. Así que as mulleres intelixentes e fortes poderían ir á guerra nese Estado ideal.
Pero que facían as mulleres na Atenas real do século V a. C.? Estar na casa e dar fillos, principalmente. Algunhas hetairas, como Aspasia, conseguiron unha mellor formación. Na época helenística apareceu a primeira filósofa recoñecida como tal, Hipatia de Alexandría, unha neoplatónica asasinada por fanáticos relixiosos que non comprendían a súa sabedoría e tolerancia.
Vía La lechuza de Minerva
Sen comentarios
Publicar un comentario