A petición do noso habitual lector bolbor aquí vos traio un par de novos retos para que vos escachedes a cabeza. Se sabedes a resposta non dubidedes en facela pública...sorte!
Reto 1.- O xurado do proceso de dous homes acusados de asasinato declara culpable a un deles e inocente ao outro. O xuíz diríxese ao culpable e dille: "¡Este é o caso máis raro que vin na miña vida! Aínda que a súa culpabilidade está máis que probada, a lei obrígame a poñelo en liberdade"
Como é posible isto?Reto 2.- A suma de tres cifras iguais dá como resultado 60. As cifras non son 20. Que cifras son?
Solucións ao reto anterior:
Enigma 1: unha non é dun euro, pero a outra si
Enigma 2: están ordenandas alfabéticamente
Enigma 3: el mesmo
Enigma 4: 59 ovos
6 comentarios:
Pufff eu ao reto1 non lle dou traza pero ao 2 máis ou menos...eu creo que a resposta é esta:
55+5=60
o primeiro é imposible!!
O segundo estaba máis claro pero tiña truco 55 + 5
Pois podería darse o caso se a condena do culpable tamén condenara a o inocente... é dicir, se foran irmáns siameses. Grazas polas adiviñas, aínda que sexan postas con mala intención... jijijiji!!
Esquecinme dunha cousa, no enigma anterior (a vella con ovos -no bo sentido, claro-) creo que se cumpre para calquera número que responda á fórmula 60·n-1 con n=1,2,3... A ver se hai algún matemático que nos explique a razón...
Saúdos para todos.
moi ben amigo bolbor!!!
Vese que o talento está presente nos lectores do blogue!!
Respecto ao que dis da fórmula matemática, por suposto que tes toda a razón, aínda que coido que a vella non podería levar 5999999ovos...(p.e.) non cres?
Unha aperta
Que borde me poño ás veces...
E se a vella ten lombrigas?
Seica unha sóa femia de Ascaris lumbricoides pode conter ata 27 millóns de ovos...
Talento é o que lle sobra aos autores deste blogue, querido anxinho...
Unha aperta.
Publicar un comentario